Search
Close this search box.

Atlántico Diario entrevista a Roberto Oliveira pola recuperación de máis dun centenar de gravacións inéditas de Enrique X. Macías

El Faro de Vigo se hace eco de la estancia de investigación del  músico Roberto Oliveira en el Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical (CESEM) de la Universidade Nova de Lisboa, donde está realizando la digitalización de nuevos materiales sonoros del compositor vigués Enrique X. Macías. VER NOVA

X Memorial Carlos López García-Picos en Betanzos

O X Memorial Carlos López García-Picos celebrouse o venres 3 de decembro de 2021 na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo de Betanzos. Primeiro realizouse a presentación da publicación do Cuarteto de cordas nº 2, A. 28. Homenaxe póstumo a Béla Bartók de Carlos López García-Picos. Edición realizada por Grupo Beroly e coa participación do Concello … Ler máis

Estadía de investigación de Javier Gándara Feijóo na Casa Velázquez de Madrid

Javier Gándara Feijóo atópase realizando unha estancia de investigación con residencia na Casa de  Velázquez (Madrid), grazas a unha bolsa de ata tres meses convocada polo Consello da Cultura Galega (PR970A; DOG Núm. 133 do 14 de xullo de 2021). O seu traballo céntrase na análise de personaxes galegos e franceses na tonadilla escénica madrileña … Ler máis

III Congreso internacional MUSAM “Músicas iberoamericanas: camiños, redes e circuítos”

Evento promovido pola Sociedade Española de Musicoloxía, a través da súa Comisión de Estudos Americanos (MUSAM, coa organización do Grupo Organistrum da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Deputación de Ourense O vindeiro xoves 14 de outubro ás 9.30 horas, no Paraninfo da Facultade de … Ler máis

O “Álbum de Galicia” do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Fanny Garrido, investigación a cargo de Laura Touriñán Morandeira

Literata pioneira e interesada no progreso de Galicia e no benestar social De ascendencia española-mexicana, Francisca Claudia Josefa Antonia González-Garrido y García -coñecida polo nome de Fanny Garrido e polo pseudónimo “Eulalia de Liáns”-, nace o 30 de outubro de 1842 na cidade da Coruña, froito do matrimonio entre o Primeiro Médico do Hospital Militar … Ler máis

Conferencia sobre Teatro e música na Galicia dos anos 20 e 30

A mañá do 11/09/2021 tivo lugar na sede da Fundación Curros Enríquez (Celanova) a conferencia titulada Teatro e música na Época Nós: as escenas corais ou estampas galegas. A charla foi impartida por Javier Gándara Feijóo, investigador en formación do Grupo  Organistrum, quen tratou a relación existente entre a escena, os coros e o Galeguismo … Ler máis

Conferencia a cargo de Roberto Oliveira na Universidad de Tennessee

O percusionista Roberto Oliveira, fincado en Cornes (Rois), dará un relatorio na Universidade de Tennessee (Estados Unidos). Será o día 22, a través dunha videoconferencia, cando intervirá cun programa titulado Músicaelectrónica en Galicia: Primeiras manipulacións sonoras de Enrique X. Macías 1974-1980. «Para rematar esta actividade está programada a reprodución da obra electroacústica do compositor galego … Ler máis