Search
Close this search box.

Os comisarios da exposición “Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX” participan no Coloquio Internacional Cruces Galicia-Portugal: redes migratorias e culturais

Os comisarios da exposición Cantantes Líricas Galegas dos séculos XIX e XX , F. J. Garbayo e M. C. Lorenzo, participarán no Coloquio Internacional Cruces Galicia-Portugal: redes migratorias e culturais que terá lugar na Universidade Nova de Lisboa os días 10 e 11 de abril de 2025. Nas xornadas de traballos, os comisarios da mostra, … Ler máis

A exposición “Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX” itinera á Casa de Galicia en Lisboa

A exposición Cantantes Líricas Galegas dos séculos XIX e XX poderá volver visitarse, nesta ocasión na Casa de Galicia de Lisboa entre os días 10 de abril e 18 de maio. Esta nova iniciativa para por en valor e difundir o legado das nosas cantantes de ópera e zarzuela, poido visitarse no Colexio de Fonseca … Ler máis

O violín de Andrés Gaos posto en exposición permanente na Biblioteca América da USC

O violín de Andrés Gaos que o seu fillo, Andrés Gaos Guillochón, doou á Universidade de Santiago como parte do Fondo Gaos en 2017, colocouse nunha vitrina na Biblioteca América da Universidade de Santiago, para a súa exposición permanente. O pasado 6 de marzo de 2025, foi emprazado na Biblioteca América da USC nunha vitrina … Ler máis

Participación en dúas reunións académicas e científicas de Lisboa

Javier Gándara Feijóo, investigador posdoutoral do Grupo Organistrum (iHUS-USC), pronunciou o 14/02/2025 a comunicación titulada «À espera de Lisboa: teatro e música em língua portuguesa na Galiza setecentista», dentro do III Congreso Internacional «A Língua Portuguesa em Música. Camões, 500 anos». Este evento, organizado polo Núcleo Caravelas, reuniu na capital lusa a especialistas procedentes do … Ler máis

Laura Touriñán, autora dunha web e dun libro sobre Marcial del Adalid en colaboración ca RAG

A investigadora Laura Touriñán Morandeira, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), é autora dunha web monográfica sobre a efeméride e do libro “Marcial do Adalid e ou seu legado na Real Academia Galega”. Ambos forman parte dun proxecto levado a cabo no marco da citada institución, proxecto lanzado en 2023 e que segue enriquecéndose … Ler máis

Concerto do Orfeón Terra a Nosa na tempada “Clásica Afundación” que recupera os motetes de Adalid

Con motivo da Temporada de Abonos de CLÁSICA Afundación, de outubro a diciembre de 2024, tivo lugar un concerto do Orfeón Terra A Nosa, o 9 de decembro, no Teatro Afundación Vigo. A recoñecida coral, no seu afán de promover a música antiga galega, recuperou nesta ocasión repertorio inédito de Marcial del Adalid cunha interesante colección … Ler máis

XIII Memorial García-Picos 2024 en Betanzos

O vindeiro 12 de decembro de 2024, terá lugar en Betanzos o XIII Memorial Carlos López García Picos (1922-2009). Nesta ocasión, ás 19h, no Salón Azul (Edificio Liceo, Arquivo do Antiguo Reino de Galicia), presentarase o libro Cartas y otros escritos musicales de Carlos López García-Picos, do Dr. Javier Ares Espiño e editado pola Editorial … Ler máis