Proxectos
Search
Close this search box.

Comunicación sobre a creación dun mapa sonoro de A Coruña (1840-1936) nun congreso de Évora

As investigadoras Montserrat Capelán Fernández e Laura Touriñán Morandeira, membros del Grupo Organistrum (GI-2025) da USC, participaron na IV International Conference “Rethinking Soundscapes: Communities, Heritage and Traditions”, evento celebrado no Colégio Mateus d’Aranda da Universidade de Évora (Alentejo) entre o 27 e o 29 de novembro de 2024.

Neste congreso, a Doutora Capelán, en nome de ambas, presentou a comunicación Mapa sonoro histórico da cidade de A Coruña (1840-1936): presentación e análisis do proxecto. Este traballo expón a metodoloxía deseñada para o conxunto do proxecto de mapas sonoros realizado no seo do Grupo Organistrum. Detállanse os pasos seguidos para a realización deste mapa concreto de A Coruña no período cronolóxico previamente determinado. Ponse de manifesto como a aplicación das humanidades dixitais modifica a investigación previa, abrindo esta non só a localizacións “periféricas”, senón tamén a colectivos pouco traballados, como as mulleres na música e as pequenas institucións. Demóstrase como o mapa sonoro -e, implícitamente, a metodoloxía deseñada- constitúen un modo de recuperar e transferir á comunidad académica e á ciudadanía en xeral riqueza patrimonial pouco coñecida. Como resultado final presentouse o mapa sonoro, que pronto estará en acceso libre.