Javier Gándara Feijóo, investigador posdoutoral da USC (Organistrum/iHUS), participou na IV International Conference “Rethinking Soundscapes: Communities, Heritage and Traditions”, evento celebrado no Colégio Mateus d’Aranda da Universidade de Évora (Alentejo) entre o 27 e 29 de novembro de 2024.
Aquí, Gándara pronunciou a comunicación “Realidade virtual e Musicoloxía Histórica: un proxecto para simular os salóns setecentistas de Galicia e Portugal”. Partindo de tres casos particulares, relacionou o seu traballo cos ámbitos da Sound History, os Concert Studies e a Antropoloxía das emocións. Ademais, mostrou a importancia de diluir fronteiras de investigación non só entre países, senón tamén entre a academia e outros sectores que, con grande capacidade tecnolóxica e de comunicación social, poderían nutrirse de diversos elementos ofrecidos polos estudos humanísticos (e viceversa).