A mañá do 11/09/2021 tivo lugar na sede da Fundación Curros Enríquez (Celanova) a conferencia titulada Teatro e música na Época Nós: as escenas corais ou estampas galegas. A charla foi impartida por Javier Gándara Feijóo, investigador en formación do Grupo Organistrum, quen tratou a relación existente entre a escena, os coros e o Galeguismo dende 1920 ata 1935. Pola tarde, estreouse no claustro regrar do mosteiro celanovés unha obra de Manuel Alejandro López e Baldo Ramos inspirada nas citadas estampas e a poesía de Manuel Curros Enríquez. A peza está pensada para banda, coro, dúas voces solistas, gaiteiro e corpo de baile tradicional. Todo isto englobouse no Proxecto Emocións, levado a cabo pola Banda de Música Municipal de Celanova co apoio da Xunta de Galicia (Xacobeo 2021-22) e a colaboración do Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e diversos colectivos locais.