Emigrante comprometido coa militancia galeguista, a poesía, a música e os libros
En enigmático e continuo trasacordo, Emilio Pita afirmaba ter nacido o 10 de outubro de 1907, 1909 ou 1910. García López asegura que o seu nacemento foi inscrito no rexistro civil da Coruña o 15 de outubro do ano 1907. O apelido materno tamén é usual que se omita ou figure mal escrito:
Era o sexto dos oito fillos de José Pita Lodeiro e Bernardina Robelo del Pino, moradores no coruñés Campo da Leña, barrio de Monte Alto. O seu pai morre en 1915. Coa familia, Emilio emigra á Arxentina –tamén hai datas contraditorias– en 1921.
Romelo,
Romero.

As posibilidades que a metrópole de Bos Aires ofrecía para un bo traballo, rico desenvolvemento intelectual e fértiles relacións sociais, foron ben aproveitadas por aquel decidido, modesto, orixinal, cordial, culto e aprezado mozo.