Pianista especializado no repertorio de compositores galegos, realiza estudios de acompañamento vocal en Madrid co repertorista Miguel Zanetti. Alejo é Doutor pola Universitat Politècnica de Valencia. Alejo é Doutor pola Universitat Politècnica de Valencia.
Dos seus traballos discográficos destacan Mélodies(Mans, 2012), coa mezzosoprano Iria Cuevas; o triplo CD Antoloxía de Compositores Galegos (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; Evocación(Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo; Cantos á natureza (Fervenzas, 2018), ao carón de Susana de Lorenzo e Cesáreo Torres, con textos póstumos de Xosé Neira Vilas musicados polos compositores/as Juan Durán, Margarita Viso, María Mendoza, Xabier Comesanha e Paulino Pereiro; e o máis recente Saudades d’alborada. Baladas e zarzuelas galegas (Dos Acordes, 2021), junto a la soprano Dolores Crespo.
Foi pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo; na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo de Porto (Portugal); e na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Na actualidade pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
É asesor da Fundación Reveriano Soutullo; integrante da Irmandade da Música Galega; e membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega.
Alejo acaba de ser galardoado co «Premio da Crítica de Galicia» (2021) e co «Premio da Música Gregorio Baudot» (2022).