Profesor titular de Historia da Música do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade, foi profesor no Conservatorio de Música da Real Sociedade de Amigos do País e profesor numeario en varios Institutos de Secundaria e Bacharelato da cidade. Realizou estadías docentes e investigadoras na Universidade de Salamanca, Instituto Superior de Arte (A Habana), Universidade Nacional de Cuyo (Arxentina), Instituciò Milá y Fontanals (CSIC-Barcelona) e Pontificio Stituto di Música Sacra (Roma). É autor de artigos en diferentes revistas, entre as que destacan Anuario Musical, Revista de Musicología, Cuadernos de Música (SGAE), Quintana, Sémata ou Porta da Aira, ademais de numerosas edicións e capítulos de libros. Como investigador participou en diversos proxectos nacionáis de I+D e é colaborador habitual do grupo TECNOEDUC (GI-1438) co que participou en varios proxectos europeos interdisciplinares no ámbito da tecnoloxía educativa. Actualmente é o IP1 do I+D+i “Galicia-América: Música civil, ideoloxía e identidades culturáis alén do Atlántico (1800-1950)” (Ref: PID2020-115496RB-I00), incluído dentro do Plan Nacional de Investigación. Ocupou os cargos de Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Director do Grupo de Traballo de Música da CIUG e coordinador do Grupo Organistrum (GI-2025). Colaborador habitual da Área de Cultura da USC na programación de ciclos divulgativos de Música e outras actividades de trasnferencia, actualmente é Delegado Académico pola USC no Curso de Alta Especialización en Estudos Orquestráis da Escola de Altos Estudos Musicáis do Consorcio de Santiago.