Profesor na Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Porto (ESMAE), Fernando Santiago García é frecuentemente convidado a impartir clases maxistrais e cursos de perfeccionamento en institución coma o Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, a Asociación de Violonchelistas de Galicia, a Escola Profissional de Música de Espinho ou o Plan de Formación do Profesorado da Xunta de Galicia.
Conclúe con distinción os seus estudos de violonchelo cun minor en pedagoxía no Koninklijk Conservatorium na Haia cos Mestres Lucia Swarts, Dmitri Ferchtman e Anner Bylsma, e termina os seus estudos de interpretación na Universidade das Artes de Tokio con Hidemi Suzuki. Fernando ten colaborado con músicos coma Lucy van Dael, Emma Kirkby, Vera Beths, Chiara Banchini, Barthold Kuijken ou Alfredo Bernardini, ofrecendo numerosos concertos e recitáis en países coma o Xapón, España, Portugal, Francia, Italia, Malta, Alemaña, Suiza, Croacia, Hungría, República Checa, Polonia, Bélxica ou os Países Baixos.
Fernando é doutorando na Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Javier Garbayo, onde forma parte do grupo de investigación Organistrum (GI-2025) e do proxecto “Archivo del Teatro Pregoldoniano: biblioteca, base de datos y archivo musical” (PGC2018-097031-B-I00). Recentemente publicou na editorial Dairea o libro Cantatas para soprano y continuo, unha edición crítica de tres composicións de 1702 do compositor véneto Giacomo Facco.