Proxectos
Search
Close this search box.

Exposición “José Fernández Vide. O trasfegar dun ourensán”

Dende o 24 de setembro ata o 24 de outubro, no primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia poderá visitarse a exposición José Fernández Vide. O trasfegar dun ourensán. O mostra que contou co patrocinio da Comisión de Actividades culturais e Normalización lingüística da Facultade de Xeografía  e Historia, foi organizada polo Grupo de Investigación Organistrum e comisariada por Teresa Bellido, Aitana Catalá e David de la Torre. Na mesma, preséntase unha selección dos materiais do Fondo José Fernández Vide, recentemente doados a USC pola familia, e que foron organizados en 6 seccións: O Mestre, O Director, O Compositor, O Intérprete, Vide e o Galeguismo, O Emigrante. Todos os materiais poden consultarse tamén na páxina web da Exposición.

Comisarios: Teresa Bellido Prades, Aitana Catalá Folgado, David de la Torre Fernández.

Coordinadora da exposición: Montserrat Capelán

Comité científico: Mabela Casal Reyes, Antonio Fernández García, Sara del Pilar Fernández Seoane, María del Carmen Fernández Seoane, Javier Garbayo Montabes, Ilduara Vicente Franqueira, Carlos Villanueva

Diseño gráfico: Elemental-Manuel Martínez

Montaxe: Jega Gráfica

Fotografía: Ilduara Vicente Franqueira

Orixe das pezas: Fondo Fernández Vide, Biblioteca da USC