Proxectos
Search
Close this search box.

Publicación do disco “Andrés Gaos. Obras piano e violín e piano. Gravacións históricas polo Consello da Cultura Galega”. Proxecto dirixido por Montserrat Capelán e producido por a Central Folque

O presente disco está integrado por gravacións históricas do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 – Mar del Plata, 1959). As fontes destes rexistros son varios discos e bobinas que, xunto con outros importantes materiais, foron doados polo seu fillo menor á Universidade de Santiago de Compostela en maio do 2017. O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Organistrum da USC editan este CD no que se inclúen 14 números con obra de Andrés Gaos: a de piano interpretada polo propio autor e a de violín (a excepción da Sonata op. 37) polo seu alumno Víctor Hormaechea.