Proxectos

III Congreso internacional MUSAM “Músicas iberoamericanas: camiños, redes e circuítos”

Evento promovido pola Sociedade Española de Musicoloxía, a través da súa Comisión de Estudos Americanos (MUSAM, coa organización do Grupo Organistrum da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Deputación de Ourense

O vindeiro xoves 14 de outubro ás 9.30 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar a inauguración do III Congreso internacional MUSAM: ‘Músicas iberoamericanas: camiños, redes e circuíto’.

Durante os días 14, 15 e 16 de outubro a Facultade de Xeografía e Historia acollerá as presentacións das ponencias e comunicacións dos case 70 participantes, europeos e americanos, que tratarán as máis diversas cuestións relacionadas cos circuítos e intercambios musicais Europa-América.

Durante estes tres días desenvolveranse actividades paralelas, como visitas dos congresistas ao Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, baixo a guía de Carlos Villanueva; a presentación do libro En, desde y cara a las Américas: música y emigraciones transoceánicas ou a Asemblea Xeral da MUSAM

Tamén haberá concertos no Auditorio de Galicia da Real Filarmonía baixo a dirección de Joana Carneiro, o xoves 14, e no Paraninfo da Universidade: o venres 15, un recital de arpa peruana de Manuel Vilas, e o sábado 16 un concerto de charango que contará coa participación de Julio Mendívil.