Search
Close this search box.

Participación de Roberto Oliveira-Ogando nas I Xornadas de Metodoloxías de Investigación celebradas no Conservatorio Superior de Música da Coruña

Organizadas pola SEM-EE (Sociedade para a Educación Musical do Estado Español), Roberto Oliveira-Ogando participou como ponente convidado nas I Xornadas de Metodoloxías de Investigación no Contexto das Ensinanzas Artísticas: Enfoques, Retos e Oportunidades, celebradas do 9 ao 11 de outubro.

Coa ponencia titulada “Enrique X. Macías: procesos e resultados da dixitalización de cintas magnéticas”, o investigador natural de Salceda de Caselas presentou os procesos e resultados finais do traballo desenvolvido no LIM (Laboratorio de Informática Musical) do CESEM (Centro de Estudos en Música) da Universidade Nova de Lisboa.