Search
Close this search box.

Participación na II Xeira CLARIAH-AL de Laura Touriñán e Montserrat Capelán

O pasado 9 de maio, Laura Touriñán e Montserrat Capelán, participaron como relatoras convidadas, na II Xeira CLARIAH-GAL, organizada polo Instituto dá Lingua Galega e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC.

Cun relatorio titulado “Cartografía sonora: Humanidades dixitais para a recuperación do patrimonio musical de Galicia” presentaron nela o proxecto de mapas sonoros históricos que está a desenvolver o grupo de investigación Organistrum, a metodoloxía empregada e o exemplo concreto da realización do mapa da cidade da Coruña.