Proxectos
Search
Close this search box.

Presentación do libro “Cancións para voz e piano de Andrés Gaos” (venres, 15 de marzo de 2019, 19.30h, Aula Andrés Gaos, Facultade de Xeografía e Historia, USC)

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ Cancións para voz e piano de Andrés Gaos”
Venres, 15 de marzo de 2019, 19,30 h
Aula Andrés Gaos (aula 12), Facultade de Xeografía e Historia, USC

 

O venres día 15 de marzo preséntase o libro “Cancións para voz e piano de Andrés Gaos” dentro das numerosas actividades do Ano Gaos 2019 que está a organizar o grupo de música Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela, co auspicio do Vicerreitorado de Cultura e de diferentes institucións.
O acto será presentado por Francisco Durán, decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Joám Trillo, editor das cancións, e Montserrat Capelán, autora da introdución. No libro, que conmemora o falecemento de Andrés Gaos, publícanse todas as cancións compostas polo autor, con excepción das patrióticas. Composicións con texto en francés, en castelán ou en galego e que van desde a súa primeira obra escrita en 1891 cando contaba con apenas 17 anos á última, pouco antes de falecer en 1959.
Esta publicación é unha boa mostra do estilo musical de Andrés Gaos, considerado un dos mellores compositores galegos de todos os tempos, e na que se compendia as súas diferentes facetas compositivas.