Proxectos
Search
Close this search box.

Perfecto Feijóo

Perfecto Feijóo Poncet (1858-1939) o Gaiteiro del Lérez, como o chamou Emilia Pardo Bazán, é un dos personaxes máis importantes e singulares do panorama musical galego de finais do XIX e primeiras décadas do século XX. Boticario de profesión, en 1883 fundou do soado coro Aires d´a Terra, formado por ilustres profesionais liberais da cidade de Pontevedra -entre eles Víctor Said Armesto e máis adiante, o propio Castelao- que sentou o modelo sobre o que posteriores coros galegos como Toxos de Froles de Ferrol, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela o Coral de Ruadade Ourense, desenvolverían o seu gran labor. Seguindo a tradición decimonónica, a súa Botica da Peregrina, na cidade do Lérez -sempre coa presenza sempre do seu papagaio Ravachol- foi longas décadas centro dunha importantísima faladoiro pola que pasaron os máis soados intelectuais e artistas do momento. Alí reuníanse frecuentemente, músicos, literatos, ideólogos, filósofos, actores, actrices e políticos que debatían longamente e irradiaron a súa fama e prestixio máis aló das nosas fronteiras. O labor musical de Perfecto Feijóo centrouse en colleitar e recuperar o rico folclore galego que se estaba perdendo e revitalizalo cunha gran dignidade que, sempre cunha posta en escena moi coidada que, con preciosos e elaborados traxes rexionais, servía como carta de presentación ao seu coro. Neste labor xogaba un papel importante a restauración e difusión do repertorio e figura do pouco reputado gaiteiro, deostado ata entón, iniciándose un proceso do que aínda hoxe somos, en gran medida, debedores. No seu labor a fronte do coro, reuniu un importante número de melodías que por si soas constitúen un valioso cancionero, sendo en parte utilizadas por Pedrell no seu soado Cancionero Musical Español. Con Aires d´a Terra, Perfecto Feijóo viaxou varias veces a Madrid, actuando no Ateneo, Teatro Monumental e ante os Reyes, facéndoo tamén á veciña cidade do Porto e en 1914 a Arxentina e Uruguai, onde foron recibidos pola colectividade galega como auténticos heroes. Tra esta viaxe, llo coro disolveuse. En 1904, xunto á súa agrupación gravou para a Compagnie Française du Gramophon, 18 temas que constitúen as primeiras gravacións de música tradicional galega da historia da fonografía grazas ás cales sabemos de certo dos seus criterios interpretativos. O seu gran legado atópase depositado no Museo de Pontevedra e constitúe un dos seus fondos máis peculiares e de enorme valor para a cultura galega.

 

Javier Garbayo Montabes