O presente I+D+i dá continuidade ao anterior proxecto ( HAR2015-64024- R), ante os bos resultados obtidos e expectativas xeradas: apertura cara a novos temas e ferramentas (música de salón, papel da muller no ámbito da música académica galega, integración de novas tecnoloxías, etc.), a incorporación de novos investigadores, a experiencia e prestixio alcanzados por mor da xestión do Fondo Andrés Gaos (doado á USC en 2017).
Partindo de propostas e obxectivos plausibles na anterior solicitude 2015, leváronse a cabo importantes traballos de referencia sobre música e autores de ida e volta no camiño Galicia-América, mercé á amplitude no coñecementos de novas fontes, a edición de partituras, o estudo e dixitalización de documentos, os intercambios entre investigadores e a evolución formativa de novos doutores orientados nos temas base do Grupo. Todo iso, supuxo un importante achegamento á sociedade, a través de realizacións na que colaboraron institucións nacionais e internacionais, cunha deriva de formación e información notable a través de webs propias ou institucionais, producindo exposicións, documentais ou a través de concertos do novo repertorio, como campo importante de transferencia.
Experimentouse un notable avance nos diversos campos da materia e as directrices propostas: avance no coñecemento científico, creación dun importante corpus bibliográfico, catalogación e dixitalización de diversos fondos, ampliación das relacións con centros e Universidades de América Latina (Arxentina, Colombia, Cuba, México, Uruguai) e con sociedades de estudos americanistas ( MUSAM, IMBA) e Univeridades e centros de Investigación de Portugal (Instituto Politécnico do Porto, Universidade Nova de Lisboa, CESEM), así como a consolidación dun equipo humano dedicado especificamente aos temas propostos: música e emigración, papel da muller como intérprete e compositora, centros galegos en América, xéneros teatrais, música instrumental e de salón, crítica e pensamento, no que destacan a incorporación de investigadoras e investigadores noveis, egresadas e egresados saídos do labor realizado os últimos anos na área de Música da USC, así como unha alta presenza feminina.
Expoñemos agora unha propostas vertebrada en encontros de seguimento, simposios científicos, realización de exposicións, elaboración de artigos científicos, así como a edición de libros e partituras, e viaxes e intercambio científico a teor das/os diferentes especialistas do Grupo, adaptándonos a novos formatos e medios de difusión que nos permitan contribuír significativamente no campo das Humanidades dixitais e realizar por medio da Transferencia un importante retorno divulgativo dirixido á sociedade.
Integrantes
Equipo de Investigación
Prof. Dr. F. Javier Garbayo Montabes (IP1). USC
Prof. Dr. D. Carlos Villlanueva Abelairas (IP2). Catedrático Emérito USC
Profra. Dra. Dª Montserrat Capelán Fernández. USC
Profra. Dra. Dª Laura Touriñán Morandeira. USC. UCM
Equipo de Traballo
Prof. Dr. D. Alejo Amoedo (CSM Vigo; Consello da Cultura Galega)
Prof. Dr. D. Javier Ares Espiño (CSM, A Coruña)
Prof. Dr. D. Sergio Camacho Fernández (USC)
Prof. Dr. D. José Antonio Cantal Mariño (CSM, Vigo)
Profra. Dra. Dª Consuelo Carredano. Instituto Investigaciones Estéticas (UNAM, México)
Prof. Dr. D. Alfonso Espiño Louro (Investigador)
Profra. Dra. Dª María Fouz Moreno (CEIP, Monterroso)
Prof. Dr. D. Xavier Groba Fernández (IES Primeiro de marzo, Baiona)
Profra Dra. Dª Nelly Iglesias Ríos (CSM, A Coruña)
Profra. Dra. Dª Ana María Liberal de Fonseca (Instituto Politécnico do Porto- Universidade Nova de Lisboa)
Profra. Dra. Dª María del Carmen Lorenzo Vizcaíno (UNIR y Real Filharmonía de Galicia)
Prof. Dr. D. Juan Francisco Sans (Instituto Tecnológico Metropolitano de Medellín)
Dra. María José Rodríguez Malmierca (CESGA)
D. Abraham Felpeto (CESGA)
D. Eloy Carrera Bernárdez (USC)
D. Javier Gándara Feijóo (USC)
D. Fernando Santiago García. (USC; ESMAE, Porto)
D. Joám Trillo Pérez (Investigador)
Dª Ilduara Vicente Franqueira (USC)