O investigador de Salceda de Caselas (1979) acaba de finalizar a súa estancia de investigación que tivo unha duración de seis semanas na prestixiosa institución fundada en 1882 como é a Sibelius Academy–University of The Arts (UNIARTS).
Un dos principais obxectivos desta estancia foi investigar un software de procesamento de audio e a súa aplicación na síntese de partituras gráficas, co fin de recuperar obras acusmáticas. Esta ferramenta permitiu a Oliveira analizar Winterreise-Viaxe de inverno (1981), obra do compositor vigués Enrique X. Macías, realizada en en YLE Experimental Studio da cidade escandinava de Helsinqui, cuxos resultados serán fundamentais para trazar cronoloxicamente o seu desenvolvemento no campo da composición con medios electrónicos e as suas influencias compositivas.