9-11 de novembro de 2017
Organizan:
I+D+i Fondos Documentales de Música en los archivos civiles de Galicia (1835-1936). Ciudades del Eje Atlántico HAR2015-64024-R (financiado por el MINECO mediante una ayuda con fondos FEDER de la Unión Europea. Colaboran la Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego y la Universidad de Santiago de Compostela.
O marco cronolóxico do presente Simposio abarca desde o lanzamento do gran movemento migratorio galego a América con resultados asociativos de gran transcendencia para Galicia: Centros galegos, sociedades rexionais, prensa, movemento coral, etc. ata 1951 no que nos atopamos na primeira etapa da posguerra. A consecuencia inmediata será un efecto chamada que traerá a músicos galegos de distinta procedencia e condición para cubrir tarefas docentes e recreativas que, sen dúbida, repercutirá no contido, a mensaxe e a lingua de composicións de salón, obras corais, estampas e zarzuelas galegas, e cancións en xeral que se trasladarán dun lado ao outro do Atlántico, repercutindo e espello en Galicia e a súa música con recordos da tradición xunto con elementos transculturados que se vai adherindo á propia linguaxe “galego”.
As circunstancias do final da Guerra Civil (1936-1939) producirá outro efecto onda de exiliados, xeralmente do extracto intelectual republicano, que deberán enfrontarse crudamente a unha realidade nova, en Arxentina, Venezuela, México, Cuba ou Uruguai. Aínda que as circunstancias son diferentes ás da migración anterior, os exiliados tamén terán a súa peculiar procura da galeguidade. Entendida agora, iso si, baixo o prisma das novas vangardas, algo que dará pé a importantes discusións entre vangardistas e tradicionalistas. En todo caso, ambos os grupos serán impregnados pola realidade artística e cultural do país que os recibe, mostrándose nas súas obras -e por extensión nos compositores que non saíron de Galicia- a influencia do rico mundo musical americano. Música, cinema, teatro, literatura, recreo, salón, coros, reflectiranse agora nun labirinto de espellos con resultados enriquecedores: tanto para os galegos emigrados e transterrados como para a propia realidade da Galicia da posguerra.
Este simposio conta co apoio do Museo do Pobo Galego e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultural.
Comité científico:
Dr. D. Justo Beramendi (Universidad de Santiago de Compostela)
Dr. D. Carlos Villanueva (Universidad de Santiago de Compostela)
Dra. Dª Carmen Becerra Suárez (Universidad de Vigo)
Dr. D. Xosé Manuel Núñez Seixas (Universidad de Santiago de Compostela)
Dra. Dña. Consuelo Carredano (Universidad Autónoma de México)
Dr. D. F. Javier Garbayo Montabes (Universidad de Santiago de Compostela)
Dra. Dña. Victoria Eli Rodríguez (Universidad Complutense de Madrid)
Dr. D. Julio Ogas Jofre (Universidad de Oviedo)
Dr. D. Juan Francisco Sans (Universidad Central de Venezuela)
Dra. Dª Montserrat Capelán Fernández (Universidad de Santiago de Compostela)
Dña. Maria Antonia Palacios (Universidad Central de Venezuela)
Comité executivo:
Dr. D. Carlos Villanueva Abelairas (Universidad de Santiago de Compostela)
Dra. Dña. Carmen Becerra Suárez (Universidad de Vigo)
Dra. Dña. Consuelo Carredano (Universidad Autónoma de México)
Dr. D. F. Javier Garbayo Montabes (Universidad de Santiago de Compostela)
Dra. Dña. Montserrat Capelán Fernández (Universidad de Santiago de Compostela)
Secretaría:
Dª Laura Touriñán Morandeira (Universidade de Santiago de Compostela)
Dª Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno (Universidade de Santiago de Compostela)