Laura Touriñán Morandeira é investigadora postdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Grupo de Investigación “Estudios Históricos de Música en Galicia y América (ss. XI-XX)” (GI-2025) desta institución e colaboradora externa do Grupo de investigación “Música española (siglos XIX-XXI)” (Ref. 941062) da Universidade Complutense de Madrid.
Licenciada en Historia e Ciencias da Música e Máster en Música Hispana pola Universidad de Salamanca; Grao Superior de Piano polo Conservatorio Superior de Música de Castela e León e Máster en Xestión Cultural, na especialidade de Artes Escénicas, pola Universidade Internacional de Cataluña. Doutora con sobresaliente cum laude e Mención Internacional pola Universidade de Santiago de Compostela, autora da tese de doutoramento Marcial del Adalid (1826-1881): biografía, catalogación da súa obra musical e a súa vinculación coa creatividade cultural socio-identitaria.
As súas liñas de investigación abranguen a Musicoloxía histórica; o xénero da biografía histórica; música e xénero; Antropoloxía cultural da música, Teoría de Tópicos e construción de identidade a través da música; Humanidades Dixitais e Musicoloxía Dixital; e Música e Educación. E está especialmente implicada na transferencia de resultados de investigación e achegamento do patrimonio musical recuperado á cidadanía; exemplo diso é o libro Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega e a web monográfica www.marcialdeladalid.academia.gal , ambos realizados en colaboración ca institución.