Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2019) e en violín (Level 3 Certificate in Graded Examination in Music Performance – Grade 8) por The Associated Board of the Royal Schools of Music (2019) con calificación de distinction. No curso 2019-2020 obtivo o título do Máster de Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte pola USC e ULPGC con especialización en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico e no 2023 realizou o curso de posgrao en estética musical “Bajo el ruido de la Historia: música, pensamiento y cuerpo” do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC.
Actualmente, é contratada predoutoral FPI (Ministerio de Ciencia e Innovación) e realiza a súa tese de doutoramento sobre a figura do músico Juan Montes Capón baixo a dirección de Montserrat Capelán Fernández e Carlos Villanueva Abelairas. Á súa vez, forma parte do Grupo Organistrum da USC e é membro do equipo de traballo do Proxecto de Investigación I+D+i Galicia-América: Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950).
En paralelo á súa actividade académica, como violinista colabora xunto ao recoñecido grupo folk Milladoiro.