Proxectos

Ilduara Vicente Franqueira

Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2019) e en violín (Level 3 Certificate in Graded Examination in Music Performance – Grade 8) por The Associated Board of the Royal Schools of Music (2019) con calificación de distinction. No curso 2019-2020 obtén o título do Máster de Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte pola USC e ULPGC con especialización en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico.

Actualmente, realiza a súa tese de doutoramento sobre a figura do músico Juan Montes Capón baixo a dirección de Montserrat Capelán Fernández e Carlos Villanueva Abelairas. Á súa vez, forma parte do Grupo Organistrum (GI-2025) da USC e é membro do equipo de traballo do Proxecto de Investigación I+D+i Galicia-América: Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950).

En paralelo á súa actividade académica, como violinista participou na Orquesta Universitaria da USC (2014-2019) e realizou varias colaboracións coa agrupación de cámara Eco na Pedra. Actualmente é membro do grupo musical Alauda e colabora como artista invitada na activa xira do recoñecido grupo folk Milladoiro.