Proxectos
Search
Close this search box.

Javier Gándara Feijóo

Investigador doutor na USC. Obtivo Sobresaliente Cum Laude e mención internacional pola súa tese sobre a utilización do teatro musical como ferramenta política e identitaria a finais do Antigo Réxime. Para a elaboración do mencionado traballo, Gándara contou cun contrato que financiou a Xunta de Galicia. Previamente, estudou o Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural e o Mestrado de Profesorado (ambos na UVigo), así como concluíu o Grao en Historia da Arte (USC) e os Títulos Superior e Profesional de Música (CSM A Coruña e CMUS Ourense, respectivamente). Gándara traballou na EASD Pablo Picasso, CSM Vigo, Consello da Cultura Galega e Fundación Curros Enríquez. Na actualidade, está vinculado ao grupo de investigación Organistrum (GI-2025) e ao Instituto de Humanidades (iHUS) da USC. Ata o de agora, ten realizado estadías de investigación financiadas en Madrid (Casa de Velázquez/CSIPM-UAM) e Lisboa (CESEM-Nova), así como participado en congresos nacionais e internacionais. Os seus artigos máis relevantes atópanse publicados en Revista de Musicología, Quintana e Resonancias.