Search
Close this search box.

Javier Gándara Feijóo

Investigador (USC) acreditado como profesor contratado doutor (ANECA/ACSUG). Os textos de Gándara atópanse en diferentes revistas indexadas: El oído pensante (Arxentina), Música Hodie (Brasil), Resonancias (Chile), RdM/Quintana (España) e Diacrítica (Portugal), entre outras. Javier é autor da monografía A música dos desprazados, publicada por aCentral Folque. Tamén escribiu capítulos de libro editados por Iberoamericana/Vervuert ou o selo da SEdeM. A tese doutoral que desenvolveu, acadando sobresaliente «cum laude» e mención internacional, tratou o uso político do teatro lírico. Previamente, Gándara estudou o Máster en Xestión do Patrimonio Cultural e o Máster de Profesorado (ambos na UVigo), así como concluíu o Grao en Historia da Arte (USC) e os Títulos Superior e Profesional de Música (CSM A Coruña e CMUS Ourense, respectivamente). Javier traballou na EASD Pablo Picasso, CSM Vigo, Consello da Cultura Galega e Fundación Curros Enríquez. Con respecto ás distincións, recibiu o Premio Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morales na especialidade de Musicoloxía. Actualmente, está vinculado ao Grupo Organistrum/iHUS. Ademais de participar en diferentes congresos, realizou estadías financiadas en Madrid (Casa de Velázquez/CSIPM-UAM), Lisboa (CESEM-Nova) e Porto (CITCEM-UPorto/ESMAE-IPP). Os seus principais intereses investigadores son: relacións musicais e escénicas entre Galicia-Castela-Portugal desde 1750 á actualidade, patrimonio sonoro en risco e performatividade durante a era posdixital.