Proxectos
Search
Close this search box.

Acto de presentación do Fondo José Fernández Vide na USC

Este 24 de setembro, ás 12.30, foi presentado en acto público, a doazón do Fondo José Fernández Vide, recentemente doado a Universidade de Santiago de Compostela grazas a xenerosidade da familia.

No acto, presidido por o Magnífico Señor Rector Antonio López, participaron a directora da Biblioteca da USC, Mª Isabel Casal Reyes; a neta do compositor, Sara Fernández; o catedrático emérito da USC, Carlos Villanueva y Montserrat Capelán, coordinadora de Organistrum, grupo de investigación que, xunto ca USC e o Instituto de Humanidades da institución (iHUS), mediou na doazón da familia.

O acto, ao que asistiu un nutrido número de familiares e público en xeral, finalizou cun pequeno recital con obras do compositor interpretadas ao piano por Noemí Salomón.