Proxectos

Artigo en Revista de Musicología (SEdeM) sobre a caracterización do estereotipo galego na tonadilla

O recente volume 45 da Revista de Musicología (SEdeM) inclúe un artigo do noso compañeiro Javier Gándara Feijóo, titulado “Entre autóctono y foráneo: el personaje gallego en la tonadilla”. Este texto estuda a caracterización escénica, lingüística e especialmente musical do devandito estereotipo teatral na segunda metade do século XVIII. Tamén informa sobre a ubicación en manuscritos tonadillescos madrileños das dúas referencias máis antigas atopadas ata agora do termo “muiñeira”. Do mesmo xeito, o artigo analiza unha curiosa fusión dos bailes tirana-gaita e propón unha teoría sobre a asimilación de ritmos dáctilos no folclore galego a partires do vilancico.