Proxectos

Artigo en Revista Quintana sobre elementos galegos e música incidental da comedia Representación a San Roque

O número 21 (ano 2022) de Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte publica un artigo de Javier Gándara Feijóo titulado “Representación a San Roque: teatro bilingüe e música incidental no Ourense do século XVIII”. Este traballo analiza unha comedia haxiográfica do noroeste peninsular ibérico que destaca por tres motivos: contén fragmentos en galego (non macarrónico) durante os aínda denominados Séculos Escuros, alude á música incidental no seu libreto manuscrito (incluíndo referencias á zarabanda) y segue a tradición teatral hispana do “Siglo de Oro” adaptándoa a Galicia.