Search
Close this search box.

Ilduara Vicente Franqueira no McGill Music Graduate Symposium

A Nosa compañera, Ilduara Vicente Franqueira, participou no McGill Music Graduate Symposium, organizado pola McGill University e a École de Musique Schulich  e que tivo lugar no pavillón de música Elizabeth Wirth da École de Musique Schulich, en Montreal (Québec, Canadá). Alí presentou unha ponencia titulada ‘The evocation of landscape as an element of identity … Ler máis

Música e realidade virtual para recuperar o patrimonio ignorado

O pasado 10 de marzo de 2026 tivo lugar no Instituto de Investigación en Humanidades (iHUS) unha xornada titulada “A (im)pertinencia do silencio: restituír música esquecida en espazos domésticos”. O evento, promovido polo Grupo Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG) e o Conservatorio Superior … Ler máis

Proxecto interdisciplinar “Crear, (des)integrar e transcender: intersecciones músico-literarias”

Crear, (des)integrar e trascender: intersecciones músico-literarias é un concerto interdisciplinar que explora as conexións entre sonoridade contemporáneo e poesía. A proposta combina interpretación musical, recitado e crítica para ofrecer unha experiencia artística inmersiva que cuestiona os límites entre disciplinas e propón novas formas de escoita. Unha viaxe a través de tres conceptos universais que atravesan transversalmente … Ler máis

Organistrum e a FGBMP organizan un congreso internacional para xullo de 2026

«O patrimonio itinerante: bandas de música galegas entre Europa e América» é o título escollido para o congreso internacional planeado polo Grupo Organistrum e a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Este evento, que se desenvolverá entre o 9 e 11 de xullo, terá lugar no iHUS (Universidade de Santiago de Compostela) e a … Ler máis

Ilduara Vicente Franqueira publica en Quintana

Ven de publicarse na revista de impacto Quintana o artigo A irrupción da recompilación folclórística na música galega: procesos e transformacións nas obras academicas de Juan Montes de Ilduara Vicente Franqueira. O texto, xa dispoñible en acceso aberto, pode consultarse na páxina web oficial da revista, editada polo Departamento de Historia da Arte da Universidade … Ler máis

Ilduara Vicente participa na Traditional Tunes and Popular Airs Conference

Ilduara Vicente participou na Traditional Tunes and Popular Airs Conference organizada pola Vaughan Williams Memorial Library na Cecil Sharp House de Londres (sede da English Folk Dance and Song Society). Na ponencia “Connections between Juan Montes and the Celtic tradition: musical discourses and practices”, Ilduara presentou algúns dos resultados vencellados aos recentes traballos de investigación … Ler máis

Roberto Oliveira: “Enrique X. Macías debe ser considerado unha figura clave na renovación da música contemporánea en Galicia e España”

Con motivo do 30 aniversario da súa morte, a revista Scherzo publica unha entrevista co investigador Roberto Oliveira-Ogando. A entrevista aborda a investigación que o percusionista de Salceda de Caselas, Roberto Oliveira-Ogando, dedicou a recuperar e estudar o legado do compositor Enrique X. Macías. Oliveira explica como xurdiu o seu interese por Macías, os obxectivos … Ler máis

O pianista Alejo Amoedo recupera obras de Adalid

O Dr. Alejo Amoedo, pianista recoñecido de longa traxectoria recuperando música galega, engadiu recentemente ao seu repertorio a recuperación de tres obras de Adalid: La chasse, Galicia. marcha triunfal para piano, Souvenir. Berceuse, Le départ e Danse Galicienne. Estas gravacións contribúen, ademáis, ao enriquecemento do proxecto de transferencia da figura do mestre Adalid levado a … Ler máis

Participación de Roberto Oliveira-Ogando nas I Xornadas de Metodoloxías de Investigación celebradas no Conservatorio Superior de Música da Coruña

Organizadas pola SEM-EE (Sociedade para a Educación Musical do Estado Español), Roberto Oliveira-Ogando participou como ponente convidado nas I Xornadas de Metodoloxías de Investigación no Contexto das Ensinanzas Artísticas: Enfoques, Retos e Oportunidades, celebradas do 9 ao 11 de outubro. Coa ponencia titulada “Enrique X. Macías: procesos e resultados da dixitalización de cintas magnéticas”, o … Ler máis