Search
Close this search box.

Conferencia de Laura Touriñán sobre Fanny Garrido na IV Xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”

O vindeiro xoves 6 de outubro de 2022, ás 19h da tarde, terá lugar na Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), unha charla-concerto en torno á figura histórica de Fanny Garrido, no marco de la IV xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”. A Dra. Laura Touriñán ofrecerá un percorrido biográfico … Ler máis

Roberto Oliveira-Ogando descobre en Xapón novos materiais sobre o compositor vigués Enrique X. Macías

O percusionista e investigador de Salceda de Caselas, Roberto Oliveira-Ogando acaba de publicar na revista de historia e cultura “Mazarelos” o artigo “Galicia en Xapón. Foglio I: música para clavicémbalo do século XX”. Esta publicación desvela interpretacións no país nipón da obra do compositor vigués Enrique X. Macías e de compositores nacionais como Gabriel Fernández … Ler máis

Falecemento de Juan Francisco Sans, membro do Grupo Organistrum

Con profunda dor despedimos a Juan Francisco Sans, pertencente ao noso grupo de investigación Organistrum. Pianista, compositor, director, editor e musicólogo de excepción, Juan Francisco foi sobre todo un humanista e un home do renacemento. Non só polas súas diferentes facetas senón, tamén, porque os seus intereses musicolóxicos foron diversos, tanto en temáticas (centradas fundamentalmente … Ler máis

Artículo sobre dous tonadillas conservadas na Real Biblioteca (Madrid)

Está dispoñible na web de Avisos. Noticias de la Real Biblioteca o texto de Javier Gándara Feijóo sobre dúas tonadillas custodiadas na referida institución: La gallega e Las disputas de los teatros (ambas de Blas de Laserna en 1783 e 1784, respectivamente). No artigo establécense vinculacións co intermezzo La serva padrona (Pergolesi, 1733) e a … Ler máis

Presentación do libro Galicia-América: cantos de emigración e exilio (1875-1951)

O vindeiro 21 de xullo, ás 13.00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Galicia-América: Cantos de emigración e exilio (1875-1951). Con Montserrat Capelánb y Carlos Villanueva como editores e publicado por Alvarellos, o presente volume recolle os traballos de catorce especialistas que, … Ler máis

Javier Gándara Feijóo participa nun congreso celebrado no Palacio Nacional de Queluz

O investigador do Grupo Organistrum formou parte do congreso internacional Musical and Theatrical Migrations: Performance Practice in 17th and 18th-century Europe, organizado por Divino Sospiro: Centro de Estudos Musicais Setecentistas de Portugal (DS-CEMSP) e o Centre de Musique Baroque de Versailles (CMBV). No devandito evento, celebrado entre o 8 e 10 de xullo de 2022 … Ler máis

O percusionista e investigador Roberto Oliveira-Ogando publica na Revista Ritmo o artigo “Miguel Angel Coria, Lúdica I for orchestra: el estreno americano”

O percusionista e investigador Roberto Oliveira-Ogando publica na Revista Ritmo o artigo “Miguel Angel Coria, Lúdica I for orchestra: el estreno americano”. O documento fonográfico orixinal foi recuperado durante a dixitalización dunha colección de cintas magnéticas do compositor Enrique X. Macías. por Roberto Ogando.

Laura Touriñán Morandeira, Premio de Musicoloxía (Tesis Doutorais) 2021

Laura Touriñán Morandeira foi galardonada co Premio de Musicoloxía 2021 na súa a modalidade de Tesis Doutorais, polo seu traballo titulado titulado Marcial del Adalid (1826-1881): biografía, catalogación de su obra musical y vinculación con la creatividad cultural socio-identitaria, dirixido por Carlos Villanueva Abelairas, da Universidad de Santiago de Compostela. Por acordo da Xunta de Goberno da … Ler máis