Proxectos

Estrea do “Concerto para piano-fagot, cordas e percusión, A. 106” (2001) de García-Picos.

O pasado 9 de xuñi de 2022, ás 20.30h, tivo lugar no Auditorio de Galicia un concerto-homenaxi ao compositor Carlos López García-Picos no que se deu a estrea do seu “Concerto para piano-fagot, cordas e percusión, A. 106” (2001). O programa completouse con “Sindy”, A. 31 (1976), tamén de autoría de García-Picos, e “O boi sobre o Tellado, op. 58” (1952) do compositor Darius Milhaud. O concerto correu a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave e cos intérpretes Javier Ares Espiño ao piano e Alex Salgueiro ao Fagot.