Search
Close this search box.

Artículo sobre dous tonadillas conservadas na Real Biblioteca (Madrid)

Está dispoñible na web de Avisos. Noticias de la Real Biblioteca o texto de Javier Gándara Feijóo sobre dúas tonadillas custodiadas na referida institución: La gallega e Las disputas de los teatros (ambas de Blas de Laserna en 1783 e 1784, respectivamente). No artigo establécense vinculacións co intermezzo La serva padrona (Pergolesi, 1733) e a … Ler máis

Presentación do libro Galicia-América: cantos de emigración e exilio (1875-1951)

O vindeiro 21 de xullo, ás 13.00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Galicia-América: Cantos de emigración e exilio (1875-1951). Con Montserrat Capelánb y Carlos Villanueva como editores e publicado por Alvarellos, o presente volume recolle os traballos de catorce especialistas que, … Ler máis

Javier Gándara Feijóo participa nun congreso celebrado no Palacio Nacional de Queluz

O investigador do Grupo Organistrum formou parte do congreso internacional Musical and Theatrical Migrations: Performance Practice in 17th and 18th-century Europe, organizado por Divino Sospiro: Centro de Estudos Musicais Setecentistas de Portugal (DS-CEMSP) e o Centre de Musique Baroque de Versailles (CMBV). No devandito evento, celebrado entre o 8 e 10 de xullo de 2022 … Ler máis

O percusionista e investigador Roberto Oliveira-Ogando publica na Revista Ritmo o artigo “Miguel Angel Coria, Lúdica I for orchestra: el estreno americano”

O percusionista e investigador Roberto Oliveira-Ogando publica na Revista Ritmo o artigo “Miguel Angel Coria, Lúdica I for orchestra: el estreno americano”. O documento fonográfico orixinal foi recuperado durante a dixitalización dunha colección de cintas magnéticas do compositor Enrique X. Macías. por Roberto Ogando.

Laura Touriñán Morandeira, Premio de Musicoloxía (Tesis Doutorais) 2021

Laura Touriñán Morandeira foi galardonada co Premio de Musicoloxía 2021 na súa a modalidade de Tesis Doutorais, polo seu traballo titulado titulado Marcial del Adalid (1826-1881): biografía, catalogación de su obra musical y vinculación con la creatividad cultural socio-identitaria, dirixido por Carlos Villanueva Abelairas, da Universidad de Santiago de Compostela. Por acordo da Xunta de Goberno da … Ler máis

Sergio Camacho participa no Seminario “Teatro, ciencias y ciencia ficción en las dos primeras décadas del siglo XXI”

Sergio Camacho presentará a ponencia “Brave New Normal & COVID-19_84: Desarrollando nuevos lenguajes interpretativos para el teatro virtual a través de las distopías de Orwell y Huxley” no XXXI Seminario Internacional do centro de investigación de Semiótica Literaria, Teatral y Nuevas tecnologías, organizado dentro da celebración dos 50 anos da UNED.

“Galicia sonora unha (re)construción do pasado musical no Noroeste peninsular ibérico”

Javier Gándara e Montserrat Capelán participan coa comunicación “Galicia sonora unha (re)construción so pasado musical no Noroeste peninsular ibérico” no “Soundscapes. Cartografías e paisaxes sonoras” que, organizado por Matías Rodríguez-Mouriño e Julian Grijalba, será celebrado o16 de xuño de 2022 na Facultuade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Ana María Liberal e Javier Gándara participan no libro “Os camiños de América”

Acábase de publicar o libro “Os camiños de América”, creado a partir do XIX Congreso da Asociación Española de Americanistas ( AEA), promovido polo Grupo de investigación de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela e editado na USC baixo a coordinación de Patricia Calvo, Eudald Cortina e Valeria Gómez. A idea de … Ler máis