Proxectos

Xornal USC – Exposición “Os sons da pedra. O ronsel do Mestre Mateo”

Exposición Os sons da pedra. O ronsel do Mestre Mateo. Organizada polo Grupo de investigación Organistrum e a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e comisariada por Montserrat Capelán e Carlos Villanueva. O Pazo de Fonseca acollerá o venres, 29 de abril, ás 20.00 horas a inauguración da exposición.

Organizada por el Grupo de investigación  Organistrum y la  Vicerreitoría de Estudiantes y Cultura de la USC y comisariada por Montserrat Capellán y Carlos Villanueva. El Pazo de Fonseca acogerá el viernes, 29 de abril, a las 20.00 horas a inauguración de la exposición Los sonidos de la piedra. La estela del Maestro Mateo.

Organizada polo Grupo de investigación Organistrum e o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura da USC e comisariada por Montserrat Capelán e Carlos Villanueva, presenta instrumentos que son froito das tarefas construtivas da contorna do Pórtico da Gloria, un proxecto orixinal de José López Calo e Carlos Villanueva co patrocinio da Fundación Barrié, que se desenvolveu entre 1990 e 1993. Naquela altura, o Museo das Peregrinacións acoleu un obradoiro no que participaron lutieres nacionais e internacionais que construíron 19 pezas do Portico da Gloria para facelas soar en concerto aos pés do Pórtico, en novembro de 1991. Posteriormente, os obradoiros das Deputacións de Lugo e Ourense, dirixidos por Luciano Pérez e Manuel Brañas, respectivamente, levaron á madeira instrumentos do Pazo de Xelmírez e do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense. Agora, varias daquelas pezas reúnense na presente exposición.

A inauguración contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; do comisario Carlos Villanueva e a comisaria Montserrat Capelán; de Manuel Brañas, lutier e direcor do obradoiro escola de instrumentos populares da Deputación de Ourense; de Luciano Pérez, lutier e director do obaroido de instrumentos musicais do CENTRAD de Lugo; de Darío Villanueva, vogal da Fundación Barrié, e de Patricia Torres, deputada da Deputación de Ourense. Ao acto asistirán tamén mestres artesáns como Xermán Arias, Antonio Franco, Sverre Jensen, Francisco Luengo, Carlos Paniagua e Christian Rault, entre outros.

O deseño da exposición é de Manuel Martínez, con fotos de Tono Arias e Tino Martínez (pertencentes estas a a Fundación Barrié). A mostra está dedicada á memoria de tres persoas que tiveron un gran influxo no desenvolvemento daqueles tres proxectos: José López-Calo, Serafín Moralejo e John Wright.

Permanecerá ata o 28 de maio no Salón do Artesonado do Pazo de Fonseca e poderá ser visitada sen necesidade de reserva.