Proxectos

Conferencia a cargo de Roberto Oliveira na Universidad de Tennessee

O percusionista Roberto Oliveira, fincado en Cornes (Rois), dará un relatorio na Universidade de Tennessee (Estados Unidos). Será o día 22, a través dunha videoconferencia, cando intervirá cun programa titulado Músicaelectrónica en Galicia: Primeiras manipulacións sonoras de Enrique X. Macías 1974-1980. «Para rematar esta actividade está programada a reprodución da obra electroacústica do compositor galego Enrique X. Macías Lied Für Maria. Será a primeira reprodución dunha obra deste autor vigués en territorio estadounidense e será tamén unha oportunidade de difusión nun país estranxeiro da música contemporánea galega», indica o instrumentista nado en Salceda de Caselas.

Ver Nova