Proxectos

Conferencia de Laura Touriñán sobre Fanny Garrido na IV Xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”

O xoves 6 de outubro de 2022, ás 19h da tarde, tivo lugar na Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), unha charla-concerto en torno á figura histórica de Fanny Garrido, no marco da IV Xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”.

A Dra. Laura Touriñán ofreceu un percorrido biográfico sobre esta ilustre literata galega e, a continuación, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo interpretaron algunhas pezas de salón pertencentes á obra Cantares viejos y nuevos de Galicia e a peza Mondariz, con poema da protagonista e música do seu esposo, o compositor Marcial del Adalid y Gurrea.