Proxectos

Conferencia de Laura Touriñán sobre Fanny Garrido na IV Xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”

O vindeiro xoves 6 de outubro de 2022, ás 19h da tarde, terá lugar na Sala de Conferencias do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), unha charla-concerto en torno á figura histórica de Fanny Garrido, no marco de la IV xornada “Mulleres relevantes na reserva da biosfera MCeTM”.

A Dra. Laura Touriñán ofrecerá un percorrido biográfico sobre esta ilustre literata galega e, a continuación, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo interpretarán algunhas pezas de salón pertencentes á obra Cantares viejos y nuevos de Galicia, con poema da protagonista e música do seu esposo, o compositor Marcial del Adalid y Gurrea.