Proxectos

Conmemoración do centenario de María Luisa Rodríguez Nache en conferencia por María del Carmen Lorenzo Vizcaíno


Hai escasos días cumpríanse cen anos do nacemento de María Luisa Rodríguez Nache (1924-1985) emblemática soprano que formou parte da etapa dourada operística. Con bo criterio, a Real Academia Galega de Belas Artes ofreceu unha conferencia da profesora María del Carmen Lorenzo (responsable da entrada correspondente á soprano no Álbum de Galicia do Consello da Cultura).