Proxectos
Search
Close this search box.

Doazón do Fondo José Fernández Vide á Universidade de Santiago de Compostela

Este martes, 24 de setembro, ás 12.30h, terá lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a presentación do Fondo de José Fernández Vide, doado pola familia do músico ourensán á Universidade de Santiago.

No acto, presidido polo Magnífico Señor Reitor, Antonio López, participarán tamén Mª Isabel Casal Reyes, directora da biblioteca da USC, Sara Fernández, neta do compositor, Carlos Villanueva, catedrático emérito e Montserrat Capelán, profesora da USC e coordinadora de Organistrum, grupo que, xunto con iHUS e a USC, mediou na doazón que xenerosamente realizou a familia.

Segue un pequeno recital para piano, a cargo de Noemí Salomón, quen interpretará A Montañesa, Zaera e o Danzón, do compositor ourensán. Finalmente concluirase coa inauguración da exposición José Fernández Vide: ou trasfegar dun ourensán, comisariada por Teresa Bellido, Aitana Catalá e David da Torre e que poderá ser visitada ata o 24 de outubro, no primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia.