Proxectos

O «Álbum de Galicia» do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a María Luisa Nache, investigación a cargo de María del Carmen Lorenzo Vizcaíno

Unha voz de ouro da lírica galega polo mundo

M.ª Luisa Nache foi o puntal dunha extensa escola lírica galega. Ela mesma recolleu no se discurso de ingreso na Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, titulado Voces de oro gallegas en el mundo, os numerosos cantantes líricos de Galicia que a precederon entre os que mencionou a María Benita Moreno, Cristina Villó, Rosario Salgado de Pereira, Ignacio Varela, Matilde Rey, Carolina Casanova ou outras como as irmás Ofelia Nieto e Ángeles Ottein que, sen naceren na nosa terra, sempre se consideraron galegas.