O violín de Andrés Gaos que o seu fillo, Andrés Gaos Guillochón, doou á Universidade de Santiago como parte do Fondo Gaos en 2017, colocouse nunha vitrina na Biblioteca América da Universidade de Santiago, para a súa exposición permanente.
O pasado 6 de marzo de 2025, foi emprazado na Biblioteca América da USC nunha vitrina que o Grupo de Investigación Organistrum mandou a facer para a ocasión. Trátase dun violín de finais do século XVIII do círculo de Mittenwald que pertenceu ao violinista e compositor galego, Andrés Gaos Berea. O mesmo foi doado – grazas á mediación de Organistrum – polo seu fillo, Andrés Gaos Guillochón, xunto a partituras, cartas, fotografías e documentos varios, á Biblioteca da USC, quen resgarda todo o arquivo como o Fondo Gaos da Biblioteca América.
O violín, foi restaurado en 2019 polo lutier José Catoira coa Colaboración do Consello da Cultura Galega.


