Proxectos

Eloy Carrera Bernández

Nado en Tui no ano 1992, onde comeza os seus estudos musicais aos 11 anos na Escola Municipal de Música de Tui da man de Adolfo Besada Álvarez e Daniel Gregores. Aos 12 anos ingresa na Banda de Música Popular de Tui, onde foi trombón solista da devandita agrupación.

No 2007 accede ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, obtendo Título de Grao Profesional na especialidade de Trombón en 2013.

Ao mesmo tempo compaxina os seus estudos musicais realizando os ciclos de Técnico en xestión administrativa e Técnico en instalacións de Telecomunicacións.

Rematado o Grao Profesional, comenza os estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos profesores Jesús Vicente Monzó e José Pons Boils, así como a especialidade de Tuba no Conservatorio de Tui.

Continuando os seus estudos, realiza Máster en Xestión Cultural na UOC e no ano seguinte, o Máster de profesorado de secundaria obrigatoria na especialidade de música, así como membro activo da Escola Galega de Dirección.

Actualmente imparte clases na Escola de Música de Chapela, Escola da Banda de Música Popular de Tui, na que é director do centro; na Escola da Associação Musical de S. Pedro da Torre, así como director da Banda de Música Popular de Tui e Associação Musical de S. Pedro da Torre. Por outra parte, realiza substitucións en centros de educación secundaria como o Maestro Divino de Ourense.