Elynn Tan é investigadora, docente universitaria, produtora de artes escénicas e intérprete musical. A súa traxectoria académica desenvólvese entre a musicología, os estudos culturais, os estudos de medios e a comunicación, disciplinas que foi conectando a través da investigación e a práctica artística. É doutora pola UniversityofNottinghamMalaysia (2025). As súas principais áreas de investigación céntranse nas músicas da diáspora chinesa, especialmente nas orquestras chinesas de Malaisia, e en como as tradicións musicais evolucionan e adáptanse a distintos contextos culturais e sociais. A súa tese doutoral, When a HundredFlowersBlossom: (Re)assemblingtheChineseOrchestrainContemporaryMalaysiaas a Cultural Ecosystem, aborda estas cuestións desde os ecosistemas culturais e propón un marco para estudalas desde a perspectiva das redes de sustentabilidade cultural. A partir desta liña de investigación, ampliou os seus intereses cara á ópera cantonesa, a hibridación e transculturación musical, así como o papel das tecnoloxías dixitais na viabilidade e vixencia das tradicións escénicas no contexto contemporáneo. Tamén explorou a presenza e adaptación das músicas iberoamericanas en Asia. Traballou como docente e investigadora na UniversityofNottinghamMalaysia e na Tunku Abdul RahmanUniversityofManagementandTechnology, onde tamén foi coordinadora dos programas de máster e doutoramento en Comunicación. Durante seis anos foi subdirectora de UniPerArts, a plataforma de artes escénicas da UniversityofNottinghamMalaysia, participando no desenvolvemento de proxectos de investigación artísticas, producións teatrais e colaboracións internacionais. Como intérprete musical, alén do piano e do violoncelo, é especialista en múltiples instrumentos chineses, como o ruan e a pipa, participando en numerosos concertos e proxectos interculturais en Malaisia, China, Hong Kong, Taiwan e Singapura. Os seus traballos académicos publicáronse en revistas académicas e volumes colectivos de editoriais como Verbum, Peter Lang e, proximamente, SpringerNature. Participou en congresos e encontros internacionais de musicología, etnomusicología e estudos asiáticos, sendo membro da AssociationforAsianStudies (AAS) e do InternationalCouncilforTraditionsof Music and Dance (ICTMD). En 2025 recibiu a Vice-Chancellor’s Medal da Universidade de Nottingham pola súa contribución ao desenvolvemento das artes escénicas en Malaisia. Como membro de Organistrum, continúa explorando novas liñas de investigación e colaboración artística, con especial interese nas conexións culturais entre Asia e Europa. Interésalle especialmente como as prácticas musicais e escénicas circulan entre comunidades, transfórmanse e atopan novas formas de expresión, sen perder de vista ás persoas e os contextos que as manteñen vivas.