Search
Close this search box.

Ilduara Vicente Franqueira

Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2019) e en violín (Level 3 Certificate in Graded Examination in Music Performance – Grade 8) por The Associated Board of the Royal Schools of Music (2019) con calificación de distinction. No curso 2019-2020 obtivo o título do Máster de Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte pola USC e ULPGC con especialización en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico e no 2023 realizou o curso de posgrao en estética musical “Bajo el ruido de la Historia: música, pensamiento y cuerpo” do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC.

Doctora con sobresaínte cum laude e mención internacional pola Universidade de Santiago de Compostela ca tese “La construcción de una identidad musical gallega: la mitificación del compositor Juan Montes”. Á súa vez, foi membro do equipo de traballo do Proxecto de Investigación I+D+i Galicia-América: Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950).

Actualmente ten un contrato FPI (en período POP) do Ministerio de Ciencia e  forma parte do Grupo Organistrum da USC, ademáis de ser investigadora colaboradora do Instituto de Ciencias da Educación (ICE).

En paralelo á súa actividade académica, como violinista colabora xunto ao recoñecido grupo folk Milladoiro.