Javier Gándara Feijóo realiza na Universidade de Santiago de Compostela a súa Tese de Doutoramento sobre teatro musical a finais do Antigo Réxime. Para isto, conta cun contrato predoutoral financiado pola Xunta de Galicia (ED481A e IN606A). Pertence ao grupo de investigación Organistrum (GI-2025), formando parte dos seus proxectos financiados. Igualmente, integra o equipo de traballo do Archivio del Teatro Pregoldoniano-Archivio Musicale Gherardi (PGC2018-097031-B-I00). Javier Gándara é Graduado en Historia da Arte (USC) e Titulado Superior de Música (Conservatorio da Coruña). Asimesmo, concluíu o Máster en valoración, xestión e protección do Patrimonio Cultural (UVigo) e o Máster de Profesorado (UVigo). No ámbito laboral, traballou como arquivista da Fundación Curros Enríquez, bolseiro no Consello da Cultura Galega, profesor de clarinete no Conservatorio Superior de Vigo e bolseiro de investigación na Casa de Velázquez (Madrid). Recentemente, recibiu o Premio Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morales (especialidade de Musicoloxía), outorgado por Música en Compostela. Entre as súas publicacións, atópanse Música boccheriniana en la Catedral de Santiago: la Scena dell’Ines di Castro ou La música en la revista Nós (1920-1935): folclore y academia.