Proxectos

José Antonio Cantal Mariño

Catedrático de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Titulado Superior en música nas especialidades de Composición e Piano e Doutor pola Universidade de Vigo. Formou parte do I+D+I: Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico (Referencia HAR: 2015-64024-R). Parte do seu traballo como investigador ten sido centrado nos concertos didácticos e as súas posibilidades na formación competencial e de elementos transversais do alumnado. O froito deste labor cristalizou en diversas propostas compositivas, tanto para banda como para orquestra, con este fin. Foi profesor titular da European Academy for Wind Band (2015-2017) de Fornos de Algodres (Portugal) e, desde o curso 17-18, da Escola Galega de Dirección de Banda de Xinzo de Limia (Ourense). Es miembro del Comité Científico de la revista Estudios Bandísticos da Asociación Nacional de Directores de Banda. O seu traballo de doutoramento afonda no legado musical e intelectual de Antonio Iglesias Vilarelle. É autor da edición, revisión e estudo da obra Chucurruchú do citado compositor, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia co motivo do concerto Institucional do Día das Letras Galegas dedicado a Xosé Filgueira Valverde no ano 2015. Entre os seus últimos estudos está a transcrición e revisión de dúas cancións de Carlos López García-Picos e do poema sinfónico Ala! Ala-arriba! de Alberto António Gomes.