Ponteareas, 1999. Musicólogo. A súa relación coa música comezaría da man do guitarrista galego Rubén Reinaldo, co se que formaría en música moderna. Realizaría os seus estudos superiores na Universidade de Oviedo, graduándose en Historia e Ciencias da Música cun traballo sobre os mestres de capela da catedral de Tui. Continuou a súa formación no Máster de Profesorado da Universidade de Vigo, acadando a titulación a través dunha intervención educativa sobre zarzuela na educación secundaria. Ultimamente realizou o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Santiago de Compostela, titulándose cun traballo sobre Encarna, la Misterio (1925), sainete lírico de Reveriano Soutullo e Juan Vert.
Na actualidade atópase inscrito no programa de doutoramento en Historia da Arte e Musicoloxía da Universidade de Oviedo, onde realiza unha investigación sobre a significación musical no teatro lírico español enfocado na obra lírica de Soutullo e Vert, e compaxina esta liña de investigación coa dirección e xestión de diversos proxectos culturais, educativos e de transferencia da investigación á sociedade.