Proxectos

Montserrat Capelán Fernández

Profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora pola USC, con mención internacional e premio extraordinario de doutoramento, cunha tese dedicada á música na última etapa colonial en Venezuela, con especial énfase en xéneros como o vilancico, a tonadilla escénica e a canción patriótica. Obtivo a licenciatura en Ciencias e Historia da Música na Universidade Autónoma de Barcelona e a de Filosofía na Universidade Central de Venezuela, disciplina na que tamén conta cun DEA pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou como relator e comunicante en máis dunha vintena de congresos nacionais e internacionais, publicado artigos en revistas especializadas, así como un bo número de capítulos de libros sendo editora tamén de varias publicacións dedicadas á música galega e música venezolana. No ano 2013 obtivo o Premio Nacional do libro de Venezuela coa publicación, en coatoría, da súa obra Motetes, cancioness y tonos de Atanacio Bello Montero. No ano 2019, xunto co resto de membros de Organistrum, encargouse da celebración do Ano Gaos 2019, no cal se organizaron 9 concertos, varias publicacións (edicións críticas, divulgativas e académicas) un documental para a televisión, entrevistas de radio e unha Exposición sobre o compositor, da que foi comisaria xunto con Javier Garbayo. É membro correspondente por España da Academia da Historia do Estado Carabobo, membro (rama latinoamericana) da International Society of Musicology e forma parte de diferentes asociacións como a MUSAM da Sociedade Española de Musicología.