Proxectos

Nelly Iglesias Ríos

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela, profesora de piano e pianista acompañante. Obtén o Grao Profesional de Piano e Violín no Conservatorio Municipal de Viveiro. Cursa o Grao Superior de Piano no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e trasládase a Maastricht (Holanda) para realizar o Máster en Interpretación Solística. Obtén tamén o Máster de Musicoterapia na Universidade de Vic e o Máster en Educación e Formación do Profesorado na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é Catedrática interina no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

No ano 2019 finaliza os estudos de doutoramento pola Universidade de Santiago de Compostela coa tesis Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1886-1973): vida y obra musical, baixo a dirección do doutor D. Javier Garbayo Montabes obtendo a calificación de Sobresainte cum laude.

Participou no Proxecto de I+D+i “Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico (REF: HAR2015-64024-R)”, e actualmente forma parte do Proxecto de I+D+i Galicia-América: “Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico” (1800-1950) (REF: PID2020-115496RB-I00)