Proxectos

Xavier Groba González

Profesor de música en la enseñanza secundaria público. Docente no IES de Baiona. Estudou maxisterio en Vigo e musicoloxía en Oviedo. Doutor con sobresaínte cum laude pola USC cunha tesis dedicada ao legado musical de Casto Sampedro. Especializado na música de tradición oral gallega, é autor de Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral e dos libros-CD, editados por Ramom Pinheiro Almuinha (aCentral Folque), titulados: Gravacións históricas de X. Filgueira Valverde. Xoán Tilve. Gaiteiro de Campañó Xoán Tilve. Gaiteiro de Campañó (en coautoría con Óscar Ibáñez), Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza (con Sergio de la Ossa) e Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade. Algunhas obras colectivas nas que ten publicado son: O Feito Diferencial GalegoMúsica, Congreso Juan Montes, GaliciaAntropoloxía, O Son da Memoria, X Memorial Filgueira Valverde, Víctor Said Armesto e o seu tempo, Boletín da RAG, Revista El Museo de Pontevedra e Álbum de Galicia. Baixo a coordinación de Carlos Villanueva Abelairas –director da súa tese de doutoramento– participou na reedición crítica do Cancionero Musical de Galicia e no estudo da música do romanceiro reunido por Víctor Said Armesto. Formou parte do proxecto de investigación I+D+i Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia. Cidades do eixo atlántico HAR2015-64024-R, co que ten publicado (en Ollando o mar) as cartas inéditas de Ramón de Arana a Felipe Pedrell. Tamén é autor de diversos estudos etnográficos, históricos e xeográficos vencellados coas investigacións do Clube Espeleolóxico Maúxo.