Proxectos

Inauguración exposición Carlos López García-Picos (1922-2009). Música nas marxes do Prata e do Mandeo

O próximo mércores 19 de outubro, ás 20:00 h., inaugurarase a exposición Carlos López García-Picos (1922-2009). Música nas marxes do Prata e do Mandeo.


Data: dende o 19 de outubro ata o 29 de outubro
Lugar: Sala de Exposicións Jesús Núñez do Edificio Arquivo, Betanzos 


Esta exposición trasladarase a partir do 15 de novembro e ata o 25 de novembro ao Claustro Alto no Edificio de Fonseca en Santiago de Compostela e inscríbese dentro dos actos en conmemoración do centenario do nacemento de Carlos López García-Picos.