Proxectos

Javier Garbayo presenta en la RSEAPS a la Profra. de la USC, Miriam Cortés que disertó sobre la escultura “La violinista” (1890)

Nunha conferencia celebrada na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País da Cidade de Santiago (RSEAPS), a profesora axudante e doutora en Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, Miriam Elena Cortés López, lanzou luz sobre a obra artística “La Violinista” . A escultura, unha creación do escultor catalán Josep Reynés, forma parte dos valiosos fondos artísticos da sociedade e revela datos sobre o labor pedagóxico desta institución.

A conferencia, presentada por Francisco Javier Garbayo Montabes, profesor titular de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, non só lanzou luz sobre a importancia desta escultura única, senón tamén a rica tradición educativa e cultural que define a esta Sociedade Económica, inaugurada en 1784 baixo o reinado de Carlos III. A de Santiago é a única que existe na actualidade en Galicia e, entre as súas moitas iniciativas e patrocinios inclúese, por exemplo, o nomeamento de Murguía como «cronista xeraldo Reino», o que lle permitiu editar os dous últimos volumes da súa Historia de Galicia.